RESPOSTA DA FEAA AS ULTÍMAS ACTUACIÓNS DA FEEC

Reunida a Xunta de Presidentes da Federación Española de Asociacións autocaravanistas, e tras as novas publicacións recollidas nas redes sobre as actuacións realizadas pola FEEC sobre a Mesa de Turismo, acordan o seguinte:

Rexeitar categoricamente a proposta, propia de caciques, da Federación Española de Empresarios de Cámping, por ser claramente ilegal xa que vai en contra do dereito de liberdade individual das persoas que utilizan as autocaravanas, construídas especificamente con propósito especial como vehículos vivenda.
Desde a FEAA xunto coas Asociacións Federadas de ámbito Autonómico, vixiaremos que a redacción dos Decretos de Turismo vixentes dos diferentes territorios autonómicos, non se modifiquen nos termos que propón a FEEC e seremos rigorosos no seguimento dos borradores daquelas Comunidades Autónomas que están en fase de redacción dun novo Decreto de Turismo.
Afirmar que os únicos que teñen a competencia para regular a parada e estacionamento dos seus vehículos nos municipios son os Concellos, mediante as Ordenanzas Municipais, #cuestión recollida en diferentes sentenzas dos Tribunais de Xustiza. Por conseguinte a inmensa maioría de Concellos xa teñen aprobada a súa Ordenanza Municipal que regula o estacionamento, parada e pernoita de autocaravanas.
A Federación Española de Asociacións Autocaravanistas como a maior representante do colectivo autocaravanista, participará en todas as mesas de traballo que oficialmente nos correspondan e trataremos de concienciar da problemática autocaravanista a todas as organizacións políticas tanto de ámbito nacional como autonómico, ademais da FEMP, DXT…etc…
Trasladar ao colectivo autocaravanista, tranquilidade e paciencia xa que estas cuestións, e sobre todo na situación actual, non van tan rápido como quixésemos.
ÁNIMO. XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO

Logo Asociacion Galega De Autocaravanas.png

Ingrese su nombre de usuario y contraseña para iniciar sesión en su cuenta

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia así como para analizar el tráfico web de la misma.   
Privacidad
Ir al contenido