skip to Main Content

Toque de Queda e Autocaravanas

Despois das consultas realizadas por varios socios sobre como proceder nesta nova situación provocada polo COVID-19, e despois de contactar tanto coa DXT, coa Subdelegación do Goberno en Galicia como coa Xunta de Galicia, informamos a todos os socios que neste estado de “toque de queda” durante as horas do dito toque de queda, NON poderás conducir a autocaravana e terás que permanecer dentro dela.

Fóra das horas do toque de queda poderase circular e levar unha vida “normal”.

Podemos viaxar coa autocaravana tendo en conta en todo momento as restricións establecidas polas autoridades competentes, sexan nacionais, rexionais ou locais. Como sabedes, actualmente hai peches perimetrais nalgunhas comunidades autónomas e nalgunhas provincias e cidades.

Chamamos ao sentido común de todos, respectamos as regras e sexamos prudentes, sen dúbida beneficiará a imaxe do colectivo.

Un saúdo

Próximas actividades

Lost your password? Please enter your username or email address. You will receive a link to create a new password via email.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia así como para analizar el tráfico web de la misma.   
Privacidad