Quen somos

ASOCIACIÓN GALEGA DE AUTOCARAVANAS

Quen somos

A Asociación Galega de Autocaravanas (nº Rexistro Autonómico de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia 2007 / 010152-1 SC) naceu o 21 de outubro de 2006 por iniciativa duns poucos afeccionados a autocaravanas entusiasmados coa idea de agrupar nun único e plural grupo a todos os usuarios de autocaravanas da Comunidade galega.

A Asociación de Autocaravanas de Galicia está formada por persoas que poñen todo o entusiasmo e forza necesarios para realizar un proxecto autónomo de irmandamento, lecer e cultura e por suposto reivindicativo. Un proxecto lúdico-recreativo dirixido a facilitar momentos de encontro que fomenten a unión entre  autocaravanistas dos distintos concellos da nosa comunidade e que sirvan, ao mesmo tempo para o intercambio de experiencias e coñecementos, para a promoción e goce coas nosas familias e amigos, gozar do entorno natural, humano, gastronómico e cultural da Comunidade e das súas zonas limítrofes. Sen esquecer por suposto a demanda de melloras nos servizos para todas as autocaravanas así como a defensa dos nosos dereitos.

A Asociación Galega de Autocaravanas é socio fundador da Federación Española de Asociacións de Autocaravanas (FEAA) creada o 9 de xuño de 2007 en Aranjuez.

Próximas actividades

Logo Asociacion Galega De Autocaravanas.png

Ingrese su nombre de usuario y contraseña para iniciar sesión en su cuenta

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia así como para analizar el tráfico web de la misma.   
Privacidad
Ir al contenido