Bos días, as autoridades sanitarias de varias áreas estiveron a tomar medidas de illamento ou prohibir certas actividades para evitar a propagación do “coronavirus”, ademais dos consellos xenéricos para a nosa vida diaria. Dende a directiva da Asociación Galega de Autocaravanas – AGA e seguindo esas recomendacións decidiu , coma non podia ser de outro modo, aprazar todos os eventos previstos no noso calendario de actividades ata novo aviso (Baños de Molgas, Valga …). Manterase informado da reanudación do mesmo.