Estimados soci@s, como sabedes, a situación provocada polo COVID-19 non só non mellorou en comparación cos últimos meses, senón que se están impoñendo novas restricións debido ao aumento dos casos, o que fixo imposible a realización da concentración que tiñamos preparada para celebrar o día do socio o último fin de semana de setembro. Como mencionamos na carta anterior, preparamos un agasallo para TODOS os socios que enviaremos nos próximos días e para iso é NECESARIO ACTUALIZAR o ficheiro de socio para que non haxa problemas coas entregas por enderezos incorrectos ou incompletos, para actualizar os datos enviouse un correo electronico, se non o recibiches ponte en contacto con nos enviando un correo a info@aga.gal. En canto teñamos a actualización feita polos socios, procederemos ao envío, polo que pedimos que se faga o antes posible.